berio
molina

estéreo

A acción consiste básicamente en que cando está o intérprete non hai sonido, e cando non está o intérprete, hai sonido.

Nunha esquina da sala hai un radiocasette e dous altavoces, no radiocasette hai un sensor de presencia, de modo que se activa cando non hai ninguén diante.

Aparece o accionista e non pasa nada, este premanece inmóbil ata que chega un determinado momento que se vai. O irse activase un sonido creado mediante duas ondas sinusoidales de frecuencia moi cercana, de modo que cun mínimo movemento de cabeza dos que se atopan presentes na sala, o sonido cambia considerablemente.

Polo tanto para que se produza a acción teñen que pasar duas cousas fundamentales:
A Primeira que non estea o performer.
A segunda que o público mova polo menos, a cabeza

+ Movemento, é unha das características fundamentales do son. Sabemos que si non existe movemento non existe o son, como tampouco existe este si non hai naide que o escoite, por eso asumimos a importancia da percepción sonora, e facemos que a través do movemento do espectador se produzan modulacións do son.

+ Espacio, tempo e presencia: características fundamentais da acción. Haberá tantas temporalidades no mesmo espacio como número de espectadores haxa, xa que cada persoa percibirá a realidade dunha maneira diferente debido as diversas ubicacións espaciales.

+ Espectador: consciencia da súa condición. O público estará ante unha nova lenguaxe que o confundirá, e que atopará un código a través da audición acústica.

+ Intérprete: consciencia da súa condición. Responde ó dito en puntos anteriores.

+ Estructura: relación de necesidades formales entre os diversos elementos. O son que xenera movemento, o movemento do espectador que xenera un novo son, o movemento do performer que non xenera son, pero que é ritmico, como rítmico tamén é o son xenerado en bucle.

O intérprete / performer delega o seu estatus de creador no espectador, a través da negación da súa acción. O seu movemento non xenera unha resposta directa. Só se produce unha resposta cando este desaparece de escea e asume o papel de espectador.

estéreo
Sin o accionista

estéreo
Co accionista