-->

Publicado polo netlabel alg-a.
ALG002 - Fola - Berio

Información sobre cada unha das composición nas seguintes ligazóns da dereita:

1. rileira
2. palexa
3. ois
4. foncos
5. lausela
6. bidueival
7. zincrona
8. zoupada

Fola é unha colección de temas sonoros de número ilimitado e en contínuo proceso de creación. A idea é que a colección nunca estea rematada, senón que estea en contínua relación co contexto vivencial do creador e en contexto directo co desenrolo dixital.

Pártese dunhas características ’pai’ que están presentes en tódolos cortes dos que consta fola, e dunhas características ’fillo’ correspondentes a cada un dos temas. De tal forma que tódolos fillos teñen as carácterísticas do pai, pero o pai non ten porque ter tódalas características dos múltiples fillos.

O ’pai’ é FOLA e ten as seguintes características:

+ A fonte de tódolos sonidos son grabacións feitas por min mesmo dunha gaita en do, e outra gaita en si bemol, do artesano Seivane.
+ Só debe haber sonidos que proveñan das grabacións feitas coa gaita.
+ Os sonidos poden ser modificados en calqueira software mediante o cal se poida modificar o son, ademáis de poder utilizar calqueira tipo de plugin (vst, audio units, vsti, etc...). A suma do software, plugins e hardware da máquina marcará o contexto virtual de cada fillo.
+ Na grabación dos sonidos pode e debe inteferir calqueira axente contextual físico, así como tipo de micrófonos, diferencias de reverb das diversas habitacións ou obxectos donde se grabe o son, ruído de manipulación (como o sonido do inflado do instrumento), axentes accidentales, etc... A combinación destas características formará o contexto físico dos diferentes fillos.

Os ’fillos’ son tódolos temas que se vaian creando, e teñen unhas características expecíficas en cada caso, que serán explicadas no seu apartado correspondente.

tags

-->